nos faitesocia denuncia benfeito
banner1
Galician (Galego)Español(Spanish Formal International)
CONCELLO

Deputacion

logo__igualdade_web2

Noticias

The latest news from the Joomla! Team

Eva Castro afronta este fin de semana a súa última proba da Copa do Mundo de fourcross

Venres, 04 Xuño 2010 00:00

FOURCROSS
Eva Castro quedou sen diñeiro para seguir entre a elite do fourcross internacional. Por este motivo, a ciclista oleirense dirá adeus á Copa do Mundo este fin de semana, participando na proba de Fort William, unha das súas carreiras favoritas.
Desta forma, Eva Castro pon punto final á súa experiencia mundialista antes de que conclúa a competición, ao asegurar que non pode facer fronte aos desprazamentos ante a falta de axudas con que se está atopando.
Noticia completa

0 Comentarios

 

O Ourense regresa á elite feminina do hockey sobre herba un ano despois

Martes, 25 Maio 2010 16:41

HOCKEY
Un ano logo de perder a máxima categoría, o Ourense regresa pola porta grande á elite do hockey herba feminino, a División de Honra. O equipo ourensán certificou coa súa goleada en Mariñamansa (9-0) sobre o pechacancelas Covadonga o seu retorno pola vía rápida á máxima categoría, asegurando con este triunfo a segunda praza que dá dereito a subir.
Noticia completa

0 Comentarios

 

Final do III Memorial Tito Pispieiro Villar

Luns, 24 Maio 2010 09:19

Tercer_Memorial_Tito_Villar_Pispieiro_127Gran partido disputado por ambos os equipos na final do III Memorial Tito Pispieiro Villar no pavillón de San Fco Javier da Coruña. Os equipos eran merecedores de chegar a esta final que se prognosticaba moi disputada.
Gran intensidade ao longo de todo o encontro. As vascas lograron unha vantaxe de dous goles a mediados da primeira parte, grazas á gran defensa presionante cun 5:1 moi profundo, que facía imposible as circulacións rápidas de balón da primeira liña británica. Estas últimas, máis fortes fisicamente a priori, víronse superadas por unha gran selección como é a vasca, bo xogo, intensidade defensiva e dirixidas pola súa central Jessica Nogueiras, proclamada como mellor xogadora do Memorial por méritos propios.

Ler mais. Final do III Memorial Tito Pispieiro Villar

0 Comentarios

   

Tercer é cuarto posto Trofeo Tito Villar é fotos da entrega trofeos

Domingo, 23 Maio 2010 00:00

Tercer_Memorial_Tito_Villar_Pispieiro_113 Tercer_Memorial_Tito_Villar_Pispieiro_118
Catalunya non respondeu ás expectativas, e o desgaste físico da xornada de o­nte pasoulles facturas ás xogadoras de Ramón Plans. A pesar diso, chegouse ao descanso cunha pequena vantaxe a favor das portuguesas por 17-14. Portugal con rápidas transicións e con bo xogo sobre o seu pivote, realizaban un ataque fluído e sempre con gran vantaxe sobre a defensa catalá, que hoxe estivo máis discreta que noutros partidos.

Ler mais. Tercer é cuarto posto Trofeo Tito Villar é fotos da entrega trofeos

0 Comentarios

 

Primeira xornada do Memorial Tito Villar Pispieiro, no pavillón coruñés de San Francisco Javier.

Sábado, 22 Maio 2010 00:00

Tercer_Memorial_Tito_Villar_Pispieiro_053O público non respondeu, nesta primeira xornada, nun memorial, onde o recordo á figura do que fose alma mater do balonmán coruñes, creemos merécese.
Superioridade esmagadora de Euskadi, sobre unha Galicia que quixo, pero na xornada de hoxe non puido.

19-34, o marcador reflexa o acontecido durante todo o encontro.

A pesar da cantidade de goles encaixados, sen ningunha dúbida, a mellor das nosas representantes, a porteira do Porriño Alba Araujo.

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>