nos faitesocia denuncia benfeito
banner1
Galician (Galego)Español(Spanish Formal International)
CONCELLO

Deputacion

logo__igualdade_web2

Noticias

The latest news from the Joomla! Team

Hoxe comeza o memorial Tito Villar Pispieiro

Venres, 21 Maio 2010 00:00

A federación Galega de Balonmán, xunto ao balonmán Coruña, organizan este cremos merecido Memorial, que ten como obxectivo principal, honra a memoria, do que fora alma máter do balonmán feminino na nosa cidade.

Tito Villar Pispieiro, Pispi, para nos, foi un dos fundadores do Club balonmán Coruña, adicou toda a súa vida ao deporte do balonmán. Comezou a súa vinculación a este deporte no ano 59, cando se iniciou como xogador no Maristas.

Ler mais. Hoxe comeza o memorial Tito Villar Pispieiro

0 Comentarios

 

III Memorial Tito Villar

Venres, 14 Maio 2010 00:00

Presentacin_Tercer_Memorial_Tito_Villar_Pispieiro_006O concelleiro de Deportes, Xan Xosé Martínez Caxigal, e a concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentaron esta mañá o III Memorial Tito Villar Pispieiro que terá lugar os vindeiros 21, 22 e 23 de maio no pavillón San Francisco Javier.

Noticia completa

0 Comentarios

 

As perlas do balonmán galego xogan no Porriño

Mércores, 12 Maio 2010 14:52

BALONMAN
balonmano1wEstela Doiro (19 anos, O Rosal) e Paula Fernández (20 anos, Vigo) son as dúas grandes promesas do balonmán feminino galego. As dúas, xogadoras do Porriño, que se quedaron ás portas do ascenso á máxima categoría española, son seguidas moi de cerca polos grandes clubs do balonmán español, sobre todo a primeira.
Estela Doiro xa é unha fixa na selección española júnior. A súa compañeira Paula tamén é unha das destacadas, sobre todo pola súa estatura e porque leva o balonmán nos xenes, non en balde é a irmá de Begoña Fernández, a flamante internacional absoluta, elixida mellor pivote do mundo. Son os dous principais expoñentes dun persoal moi nova que o próximo ano intentará de novo dar o salto.
Noticia completa

 

0 Comentarios

   

«Hai moito máis compromiso no baloncesto feminino»

Mércores, 12 Maio 2010 14:47

BALONCESTO
baloncesto1wTito Díaz tardou só unha tempada en devolver ao Extrugasa á máxima categoría do baloncesto feminino. O técnico lucense, que afrontaba o seu primeiro exercicio ao completo como adestrador dun equipo de mozas, non viviu o domingo o primeiro ascenso da súa carreira, pero si recoñece que probablemente sexa o máis especial, polas circunstancias que o rodearon e por habelo conseguido co equipo da cidade onde formou a súa familia.
Noticia completa

0 Comentarios

 

Cristina González pon a proba os límites do seu corpo

Martes, 11 Maio 2010 10:33

En tres semanas a ultrafondista corre o Mundial de 24 horas, o nacional de 100 quilómetros e os Seis días de Antibes
ATLETISMO

atletismo11Os retos inhumanos acumúlanselle a Cristina González, a ultrafondistas arousá. En tres semanas participará no Mundial de 24 horas (que comeza o xoves na localidade francesa Brive), o último fin de semana de maio defenderá título no campionato de España de 100 quilómetros en Madrid e para finalizar converterase na primeira española que toma parte nos Seis días de Antibes, unha sucesión de maratóns durante case unha semana onde se dorme catro horas e córrese -ou anda- o resto do día. «Quero saber onde está o límite do meu corpo», sentencia a ultrafondista. Terá como acompañante no triplo reto á súa parella e adestrador Alberto Menéndez, tamén preparador físico do Cortegada de baloncesto.
Noticia completa

0 Comentarios

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>