Noticias
The latest news from the Joomla! Team
1 GOL pola educación
Martes, 06 Abril 2010 15:35
1 GOL pola eduación é unha campaña que, a través da popularidade do fútbol, persegue que a educación de todas as persoas sexa un logro perdurable da Copa Mundial da FIFA 2010, se unimos as nosas voces en todo o mundo, poderemos conseguir que a educación sexa unha realidade para os millóns de nenas e nenos que seguen sen escolarizar.
![]() |
![]() |
![]() |
En España, a campaña "1Gol pola Educación" está promovida pola Coalición Española da Campaña Mundial pola Educación (CECME) e a Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Conta, ademais, coa adhesión do presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, quen fixo a seguinte declaración con motivo do lanzamento da campaña en España: Como futuro Presidente do Consello Europeo, comprométome a liderar, xunto a todos os nosos socios europeos, este esforzo de facer da educación un ben público, global e accesible a todas as persoas.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Varios deportistas galegos, é clubs,apoiaron esta campaña participando na mesma mediante a realización de fotografías e vídeos: Ismael Falcón, Fran Noguerol, Olivo feminino, Pilotes Posada, Aldasa Amfiv, Cd As Pontes feminino, xogadoras da seleccion galega, Victoria feminino,, Pilar Neira, Eva Castro.
1 Comentarios
Unha galega camiño dun mundial
Luns, 05 Abril 2010 14:00
FUTBOL
Verónica Fenda lidera a selección feminina que busca ante Inglaterra a súa primeira clasificación para unha copa do mundo.
Verónica Fenda lidera a selección feminina que busca ante Inglaterra a súa primeira clasificación para unha copa do mundo.
Verónica Fenda (Santiago de Compostela, 1987) está a gozar do seu mellor ano como profesional. Co Espanyol lidera a Superliga feminina, e xa está clasificada para disputar a final. Desde hai unha semana está convocada coa selección española para afrontar os últimos partidos da fase de clasificación que poden levar ao combinado nacional a disputar o próximo mundial de fútbol.
0 Comentarios
Pichichi da selección española no Europeo sub-19, con dous goles
Luns, 05 Abril 2010 13:39
FUTBOL
Ana Buceta lidera a España no Europeo sub-19 na faceta goleadora. E iso que a viguesa arrinca desde o centro do campo. A xogadora da Oliveira é a única que marcou por partida dobre nos dous encontros que as españolas disputaron na primeira fase do torneo que se celebra en Rusia.
Buceta participou onte do triunfo por 5-0 ante Chequia anotando o terceiro gol no arranque do segundo tempo, mentres que no primeiro partido, que as españolas cederan ante Islandia por 3-2 encargouse de marcar o 0-1 nada máis iniciarse a contenda.
Noticia completa

«Fixémoslle un bonito agasallo de volei á afección xogando a Copa»
Luns, 29 Marzo 2010 09:03
VOLEI
Falar de voleibol feminino en Galicia é sinónimo de facelo de Noelia Sánchez. Aos seus 28 anos, a xogadora monfortina é toda unha referencia neste deporte. Formada nas categorías inferiores do Xacobeo 2010, logrou o ascenso con este equipo á Superliga Española de Voleibol. A súa calidade non pasou desapercibida para os grandes clubs estatais. Xogou no Universidade de Burgos, no Haro Rioxa Volei e no Alacante, regresando de novo a Monforte, e logrando o ascenso a pasada campaña á elite do volei español. Desde os 19 anos viches a elástica da selección nacional. é unha fixa nas convocatorias do seleccionador, Guido Vermuelen. Acaba de disputar a fase final da Copa da Raíña co equipo monfortino, que quedou a un só punto de pasar a final na súa propia cidade.
Noticia completa
Noticia completa
0 Comentarios
Carmen León e Vane Alonso, de novo campioas de España por Equipos co Reserva do Higuerón
Mércores, 24 Marzo 2010 23:40
PADEL
Este fin de semana tivo lugar no Sato Sport de Sevilla o Campionato de España por Equipos de 1ª Categoría.
"As galegas", como así as chaman no circuíto (aínda que Carmen sexa rioxana), conseguiron gañar os seus tres partidos o venres, sábado e domingo respectivamente.
O equipo gañou en cuartos de final ao R.C.T.Barcelona por 5-0. En semifinais, seguían a mesma refacho gañando por 5-0 ao Viborita que viña de dar a sorpresa contra o Polo.
E na final, a mesma que o ano pasado, Vane e Carmen tiveron que enfrontarse na mesma pista á mesma parella, Mariana Pérez (excampeona do mundo) e Cristina Grau.
O resto dos partidos termináronse e a eliminatoria ía 2-2. Nese momento, Carmen e Vane gañaban 1 set e o marcador estaba 4-4 no segundo set.

Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>