Noticias
As seleccións femininas, entre as mellores do Estado
Domingo, 07 Marzo 2010 22:06
Noticia completa
0 Comentarios
Mudegá comparte cartel no 8 de marzo
Domingo, 07 Marzo 2010 21:15
ROLDA DE PRENSA PARA A PRESENTACIÓN DOS ACTOS
Mudegá vai a participar nas actividades do 8 de marzo que faranse en Coruña.
12: Comenzo da festa
12,15. Video-convite: 100 anos celebrando, toda unha vida coitando
12:30. Miradas en construcción
12,45. Verdes, rojas y amarillas
13:00 1977 de Pepa Varela
13,15: Unha historia de redeiras e grúas
13:30. Intervención das mulleres de Sykes
17:oo Reivindicación dos dereitos das traballadoras do fogar <acción de rúa>
18:oo Mulleres deportistas galegas. Mostra de four cross.(Eva Castro). Lectura dun manifesto.( Lis Franco)
19:oo Paz e antimilitarismo. <acción de rúa>
20:00 CENTENARIO DO 8 DE MARZO. 100 ANOS CELEBRANDO, TODA UNHA VIDA LOITANDO
20:30. Lectura do Manifesto do 8 de Marzo.
Ler mais. Mudegá comparte cartel no 8 de marzo
0 Comentarios
MUDEGA, presente no día da Muller
Mércores, 03 Marzo 2010 08:36
As nosas compañeiras Lis Franco, Eva Castro e Madó González, estarán o luns 8 de marzo, ás 6 da tarde na praza das conchiñas, onde faremos unha exibición de four cros, leremos un manifesto e atenderán todas as persoas que se acheguen.
Xunto coas asociacións coruñesas Acsur Galiza, Cafés feministas, Comisión de xénero da coordinadora galega de ONGDS, Marcha Mundial das Mulleres da Coruña, Nomepisesofreghao, Recdeiras, Maribolheras precárias y Trocamundo, MUDEGA intentará achegar un granito de area, na celebración dos 100 anos do 8 de marzo,Día internacional dás mulleres.O día comezará ás 12 da mañá na Praza das Conchiñas coa decoración da rúa Barcelona e esquina coa rúa Corcubión, e coa distribución de convites para todas as veciñas da zona.
Ao longo do día terán lugar diferentes actividades, performances, e exposicións que tratarán de reflectir sobre as causas e consecuencias das reivindicacións das mulleres, os logros atinxidos durante toda unha vida de loita, e as expectativas coas que encaramos o presente e o futuro as feministas de hoxe en día. Finalizaremos a xornada compartindo o manifesto conxunto con todas as presentes ás 8 e media da tarde.
Mudegá, é unha entidade sen ánimo de lucro, dá que forman parte mulleres relacionadas co deporte en distintos ámbitos.
Todas unimos os nosos esforzos é coñocementos, para tratar de potenciar a participación dás mulleres en actividades físicas é deportivas
Resultan evidentes os avances sociais das mulleres en todos os ámbitos. O deporte, como actividade plenamente integrada na nosa sociedade, non é alleo a esta realidade.
O deporte, pola súa potencialidade educativa e mediática, constitúe un motor de cambio social e contribúe desde fai tempo a promover a igualdade entre mulleres e homes.
No entanto, aínda existen diferenzas importantes en canto á representación feminina nas distintas esferas do deporte.
O deporte tivo e ten un rol social masculino.
Nós queremos un futuro con mais mulleres que gocen do deporte e dos beneficios que iste leva.
Por iso, desde mudegá, manifestamos que é necesario:
Utilizar as posibilidades que ofrece o deporte como vehículo de formación das persoas.
Garantir a plena igualdade de acceso, participación e representación das mulleres,como deportistas,xestoras,dirixentes,adestradoras, arbitras,xuízas xornalistas é investigadoras
Introducir o princiopo de igualdade de oportunidades.
Facilitar o acceso e promocion das mulleres e o deporte de competición,
Recoñecemento deportivo e social no alto rendimieto.
O deporte, vaise abrindo camiño pouco a pouco, imos medrando en número, pero seguimos tendo un enemigo común, A INVISIBILIDADE NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
Se non somos visibles, se os nosos referentes femeninos no ven reflectidos os seus logros, é moi complicado conseguir a autoestima, o recoñecemento é a necesaria esponsorización.
E DE XUSTICIA QUE MULLERES É HOMES TEÑAN O MESMO TRATO, É POR ISO DEBEMOS DE TRABALLAR TODOS, PARA ACADAR UNHA SOCIEDADE É UN DEPORTE MAIS XUSTO É IGUALITARIO.
0 Comentarios
A armada galega triunfa
Martes, 02 Marzo 2010 07:26
Tiveron que saír da súa terra para triunfar, pero as deportistas galegas continúan recollendo froitos ao seu sacrificio. Este fin de semana, Begoña Fernández proclamouse campioa da Copa da Raíña co Itxako navarro, e Olalla Piñeiro subcampioa de Europa de hockey sala co Club de Campo de Madrid. Ambas unen estes logros aos xa conseguidos con anterioridade coas súas respectivas seleccións nacionais.
Ademais, Verónica Fenda e Joana Montouto volveron gañar co Espanyol. A compostelá marcou o segundo tanto na goleada de onte ao Levante (4-0), que dispara ao conxunto catalán como líder da Superliga de fútbol feminino. En voleibol, María Jose Garrido mantense na segunda posición da máxima categoría co Universidade de Burgos.
Noticia completa
0 Comentarios
É que ti non es galega!
Luns, 22 Febreiro 2010 12:32
Que non me axuden se queren, pero que non me digan que non son galega». Alejandra Simón (Vigo, 1985), referencia do vóley praia nacional, traballa pensando en Londres coa sensación de non ser recoñecida na súa terra. Viaxa por todo o planeta participando nas probas da liga Mundial sentíndose orgullosa de ser galega, aínda que logo teña da Fundación deportiva da súa cidade a resposta de que non recibirá unha bolsa de mil euros porque «ti non es galega».
Noticia completa
0 Comentarios
Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>









